Home » Exposicións » Eugenio Granell. Una visió surrealista

Eugenio Granell. Una visió surrealista

Exposición que se inaugurará o 18 de novembro ás 19.00 h. na Sala Dalmau, Barcelona

O vindeiro día 18 de novembro, formando parte do ciclo que a entidade dedica ás vanguardas históricas inaugúrase a exposición-homenaxe EUGENIO GRANELL Una visió surrealista Organizada pola Sala Dalmau, coa colaboración da Fundación Granell, e baixo o patrocinio da Fundación Banc Sabadell, da Generalitat de Catalunya, da man do Institut Catalá de les Indústries Catalá de les Industries Culturals, a máis do patrocinio persoal de Natalia Fernández, Directora da Fundación Granell.
A mostra, composta case totalmente dos fondos da Fundación Eugenio Granell, a mais de obra aportada por coleccionistas privados, reúne, segundo a responsable de la sala, magníficas pezas fechadas desde los años 40 hasta los 80, con lo cual hemos conseguido organizar una pequeña, pero muy cuidada retrospectiva.
A parte do interese xeral da mostra, que percorre mais de corenta anos de traxectoria creativa do artista, como homenaxe ó feito de que Granell comezou a súa vida como violinista, a sala durante o acto de apertura da Fundación agasallará ó público cun concerto para piano e violín composto por obras de Eduard Toldrá e Pablo Sarasate, ambos compositores moi admirados por Granell . A inauguración contará coa presenza de Natalia Fernández, Directora da Fundación Eugenio Granell, e filla do creador..