Home » Exposicións » PECHADO POR REFORMAS

PECHADO POR REFORMAS

DESDE O 10 DE XULLO O MUSEO PERMANECERÁ PECHADO POR REFORMAS NO SEU INTERIOR
Trasladamos as oficinas á Fundación Gonzalo Torrente Ballester, rúa do Vilar, nº 7, baixo, 15705 Santiago de Compostela

TRASLADO TEMPORAL DA SEDE DA FUNDACIÓN GRANELL.
O día 10 de xullo, a Fundación Eugenio Granell pecha as súas portas ó público, temporalmente, co gallo do comezo das obras de remodelación na súa sede actual, no pazo de Bendaña. A edificación, senlleira mostra da arquitectura civil do barroco Compostelán – atribuída ó arquitecto Vicente Sarela- poñerase en valor nesta reforma, e dará mellor acollida á actividade cultural que ven desenvolvendo dende hai case unha quincena a Fundación Eugenio Granell.
A institución traballará, durante un período de 9 meses, tempo estimado para acometer o proceso de reforma, nas actividades que constituirán a súa reapertura, aínda que tamén serán realizadas algunhas actividades de cara ó público. Por exemplo, poñerase en marcha unha maleta didáctica, que dará a coñecer a obra de Eugenio Granell e a estética surrealista, mediante charlas e talleres Ad- hoc impartidos por persoal da Fundación desprazado a tal efecto a centros de ensino, asociacións culturais…. , de toda Galiza.
A partir do día 20 de xullo, o persoal técnico da Fundación Granell -os responsables de dirección, administración, conservación, restauración e rexistro, exposicións, prensa e comunicación, actividades culturais, didáctica, arquivos e biblioteca- trasladaranse a un espazo cedido amablemente pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, sita no número 7da rúa do Vilar.
O Consorcio de Santiago, fará realidade a encomenda da familia de Eugenio Granell de acoller, na sede da súa Fundación, a Biblioteca do artista, composta por uns 14.000 volumes, así como o seu arquivo persoal. Ademais, saldarase a débeda pendente cunha institución que posúe uns importantísimos fondos de obra de arte e documentación, reestruturando o espazo dedicado a conservación e restauración. Os fondos da institución posúen tanto obra de Eugenio Granell, como de figuras da talla de Picasso, Marcel Duchamp, Man Ray, entre outros, xunto cunha completa colección de obra de surrealismo actual. Súmase a este importante acervo surrealista, unha colección de arte popular que percorre 3 continentes, África, Europa e América, única na península.
A Fundación tamén alberga unha colección de obra plástica do artista surrealista Philip West, xunto coa súa biblioteca persoal, especializada en surrealismo.
Por todo isto, a Fundación requiría unha ampliación do seu espazo expositivo, que aumenta sensiblemente coa reforma, un espazo para albergar a biblioteca persoal de Granell e o seu arquivo, e un espazo que aloxe e conserve, con tódalas garantías, o seus fondos de obras de arte.