CO-ORGANIZADO POR GÁLIX E A FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
A Fundación E. Granell convoca para o 2 de abril, xoves, en horario de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h., o III Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil Encontros Fantásticos, organizado conxuntamente por Gálix (Asociación Galega de Libro Infantil e Xuvenil) e a Fundación Eugenio Granell.
Nesta data celebrase o Día Internacional del Libro Infantil, para homenaxear o día do nacemento de Hans Christian Andersen.
O tema deste ano Encontros fantásticos parte da mostra Místicos Encontros e Achados Plásticos na obra de Eugenio Granell, exposición que transita por obras que reproducen encontros significativos con persoeiros, culturas, poéticas, sistemas de pensamento, paisaxes e obxectos, que serviron de detonante para os principais achados estéticos que caracterizan a obra de Eugenio Granell.
Para Granell, atoparse con André Bretón, significou a súa adhesión formal ó surrealismo; igualmente importante foi o encontro con Marcel Duchamp, e o seu profundo coñecemento da obra de Pablo Picasso: tres figuras que deixaron importantes pegadas na súa estética. O encontro coa muller, especialmente coa súa esposa Amparo Segarra, fai que a súa obra se atope poboada, tanto de persoeiros femininos históricos como mitolóxicos. A cultura do continente americano, supón outro importante achado que se verá reflectido nunha grande parte da súa obra.
Para este maratón suxerimos as seguintes lecturas:
Para os máis pequenos: primaria
Os contos de Grimm
Grimm, Jacob, Grimm, Wilhelm.
Edicións xerais de Galicia, 2008
Os contos de Grimm
Grimm, Wilhelm /Octavio, Celso L / Eubensei / Grimm, . Jacob
Edicións do Castro D.L. 1991
Para maiores: secundaria.
As flores radiactivas
Prado, Miguelanxo / Fernández Paz, Agustín
Edicións Xerais de Galicia 1993
Serie: Merlín (Edicións Xerais de Galicia)
Cada grupo terá un tempo aproximado dunha hora para realizar as súas lecturas. O profesorado organizará os grupos como crea pertinente. Poderanse realizar as lecturas, tanto individualmente como en grupo; tamén se poderán realizar representacións teatrais, ou outro tipo de propostas que poidan xurdir arredor deste tema.
Ademáis das publicacións que suxerimos, o alumnado e os/ as docentes poderán ampliala con outras que teñan que ver con este tema.
Eduardo Valiña
Didáctica no Museo FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Pazo de Bendaña Praza do toural s/n
15705. Santiago de Compostela
tel. (+34) 981 57 21 24 tel. (+34) 981 57 63 94 fax. (+34) 981 56 40 69
e-mail. didactica@fundacion-granell.org
web. www.fundacion-granell.org