Do 26 de novembro ao 5 de decembro
Xornadas de portas abertas
Proxección de: Lembranzas e reflexións de Eugenio Granell
Xogo: Atópate con Granell
Co gallo do aniversario do natalicio de Granell, o público poderá disfrutar das exposicións do museo de xeito gratuito durante a semana de portas abertas; tamén poderán asistir á proxección da crónica audiovisual de Xan Leira sobre a figura de Eugenio Granell: Lembranzas e reflexións de Eugenio Granell, e participar dun xogo creado para a ocasión.
O xogo Atópate con Granell, creado para celebrar o aniversario do natalicio do artista, consiste en re-interpretar unha obra de Granell, que forma parte da exposición monográfica que actualmente podemos ver na Fundación Granell: Místicos encontros e achados plásticos na obra de Eugenio Granell. A mostra transita polas obras que reproducen encontros significativos con personalidades, cultura, poéticas, sistemas de pensamento, paisaxes e obxectos que serviron de detonante para os principias achados estéticos que caracterizan a obra do artista.
INSTRUCCIÓNS DE USO O obxectivo do xogo de encontro- idea estética troncal do surrealismo, e que percorre toda a traxectoria creativa de Eugenio Granell- que vos propoñemos, e constituír unha achega activa á obra do autor que xere novos actos de creatividade .
Mediante os materiais que atoparedes no interior do sobre pequeno, ou de calquera outro mateial ou proceso que queirades aportar e utilizar, intervide sobre a obra que vos propoñemos.
Cada participante pode utilizar a técnica que lle resulte máis apropiada: colaxe, pintura, escritura, ……
Outra opción do xogo consiste en que creedes un título para a obra coa que ides a traballar.
As obras que realicedes permanecerán expostas na Fundación Eugenio Granell ata o 14 de decembro
O día 3 de decembro é a data límite fixada para recibir as vosas colaboracións. Podedes entregar as vosas obras na recepción da Fundación Granell, ou ben envialas por correo ordinario ó seguinte enderezo: Fundación Eugenio Granell, Pazo de Bendaña s/n. 15705 Santiago de Compostela.
Agardamos que a nosa proposta sexa do voso interese e vos resulte divertido colaborar con esta iniciativa.