Taller de verán
Agosto 2008
Idade estimada: 4 10 anos (estableceranse dous grupos)
Datas: 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de Agosto (martes e xoves)
Horario: 11:30 13:00 h.
Coordinación: Aula de Didáctica da Fundación Eugenio Granell
Gratuíto
Na década dos anos 40 do pasado século, Eugenio Granell vese obrigado a exiliarse por causas políticas a diferentes países de Centroamérica.
O descubrimento da paisaxe do Caribe coa súa flora e a súa fauna, converten este novo contexto no gran protagonista das súas obras.
A influencia que causa en Granell este descubrimento dun novo mundo, a selva tropical, vémolo claramente manifestado na exposición –O Paxaro Pí e a lingua dos paxaros– que pode visitarse ata o vindeiro mes de setembro na Fundación Granell.
Viaxe á Selva ten como principal obxectivo que os/ as participantes no taller teñan un achegamento a esta etapa creativa de Eugenio Granell, para así levar a cabo numerosas actividades artísticas que desembocarán, ao remate do taller, nunha obra total. A creación dun universo propio xurdido directamente da súa imaxinación, un ambiente diferente e único relacionado co hábitat centroamericano, ou a recreación dunha comunidade na que os principais protagonistas serán os/ as nenos/ as serán o obxectivo final destes talleres, seguindo as pautas dadas polos organizadores/as, que fomentarán o traballo en equipo entre o alumnado participante.
Máis información en: Fundación Eugenio Granell Pazo de Bendaña Praza do toural s/n 15705. Santiago de Compostela
Tel. (+34) 981 57 21 24 tel. (+34) 981 57 63 94 fax. (+34) 981 56 40 69
e-mail. didactica@fundacion-granell.org web. www.fundacion-granell.org