Taller de verán – Xullo 2008
Idades. 4 8 anos
Datas. 1, 3, 8, 10,15, 17, 22 e 24 de Xullo.
Coordinación. Eduardo Valiña.
Gratuíto.
Nos anos que van de 1952 a 1954, Eugenio Granell crea a figura do Paxaro Pi. Moitos anos despois, no 1988, esta figura reaparecerá co título El acoso del Pájaro Pi. Granell leva vivindo máis dunha década no Caribe cando pinta e debuxa este conxunto de pezas .
O deslumbramento que causa en Granell o descubrir dun mundo novo o mundo da selva tropical, un entorno que a nivel humano e animal lle resulta fascinante e inspira profundamente ao poeta e pintor. A súa relación coa natureza insólita que lle rodea ten unha incidencia directa nas súas representacións. A selva, e particularmente como metonimia desta, as aves, depositarán o seu prodixios nos lenzos do pintor e na escritura do poeta, adquirindo nese momento un protagonismo central.
Aprender a voar ten como obxectivo principal que os nenos e nenas coñezan de primeira man esta etapa creativa do artista, para desenvolver diferentes actividades, que funcionaran como sesións individuais, para rematar nun proxecto total, no que o alumnado creará o seu universo persoal .
A través das técnicas surrealistas, crearemos o noso hábitat como seres que teñen como único obxectivo aprender a voar, por iso, deseñaremos o noso corpo cunha anatomía adaptada o noso medio.
Neste interese por reinventarnos, sairemos do museo, para buscar referentes reais de distintos paxaros, que nos axudarán a crearnos a nos mesmos, polo que o taller inclúe unha visita ó museo de Historia Natural Luís Iglesias.
O taller incidirá en que os/as alumnos/as, realicen varios exercicios de creatividade, non só a nivel individual, senón favorecendo a comunicación entre eles, a través do traballo en equipo.
Máis información en:
FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
www.fundacion-granell.org e-mail.
didactica@fundacion-granell.org
tel. (+34) 981 57 21 24