
20 febreiro – 26 maio, 08
Exposición individual da artista Lili(ana)
A exposición consistirá na intervención específica de varios espazos do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Eugenio Granell. O primeiro tramo do proxecto atinxe ó recibidor do edificio onde a artista situará a peza ¿Asegurando el cielo?. Na segunda planta, no espazo asignado a salón de conferencias Lilli(ana), sitúa a peza Protecting since 1564 -Protegiendo desde 1564.- A conexión física e conceptual das pezas farase mediante a intervención do espazo do ascensor.
Depositando unha grande confianza na capacidade expresiva dos obxectos e as imaxes cotiáns que nos rodean, e aquelas imaxes que xa fan parte do noso subconsciente colectivo .., a artista, apela nas súas pezas, á deconstrución crítica das mensaxes ocultas na manifestación física do noso universo simbólico. Así, nesta mostra, fai súas imaxes e símbolos fundacionais da nosa cultura occidental, como a cruz ou as imaxes do dogma do Xuizo final cristián. A artista invítanos con este traballo ó cuestionamento de determinado dogmatismo relixioso sufrido durante séculos, e reverdecido na actualidade, manifestando o seu estupor cunha grande carga de ironía.
A artista, partindo dun sistema de traballo, que ó longo da súa traxectoria, manexa varios xeitos de expresión plástica diferentes dende o accionismo, a fotografía, a instalación, o site specific, o poema obxecto…. afronta a exposición na Fundación Granell como un site specific ,no que obras preexistentes son adaptadas o espazo físico e simbólico da Fundación Granell, e o seu contexto: a cidade de Santiago de Compostela.