Saltar ao contido
Home » Exposicións » Lugrís Vadillo. Textura de mar

Lugrís Vadillo. Textura de mar

    6 de febreiro-5 de marzo
    Primeira planta

    O artista, que comeza a súa traxectoria plástica nos anos sesenta, sumándose ós movementos de vangarda europea dos anos cincuenta, que tendo como base ó concepto de abstracción, englóbanse no termo xenérico de informalismo; fai agromar o surrealismo na súa obra madura como unha catarse necesaria, liberadora.
    Vadillo, no que o surrealismo sempre estivo latente, no neno de imaxinación desbordante e lector incansable de literatura fantástica, e no atento espectador das fabulacións do seu pai, descubre no mar, sempre presente na súa vida, no seu corpo líquido, plástico, tanto o escenario, a base das súas composicións, como a textura para la realización dos seus soños fantásticos de infancia: seus soños surrealistas de adulto.
    O mar, é entendido nun senso amplo como espazo libre, sen fronteiras, espazo estable e indeterminado; así, mar é para o autor tanto o océano, como o mar da meseta castelá, comunidade á que o artista está fortemente vencellado, e funciona como leit motive contenedor de formas, e fiaños de vivencias do subconsciente.
    A nivel compositivo, o espazo claramente onírico na obra recente do autor do autor, materialízase unhas veces por medio da monumentalidade das figuras, outras veces a través de masas líquidas ou gaséoas -que responden á climatoloxía dunha paisaxe interior-, e outras a prol de desenvolvementos arquitectónicos de diferente índole despregados na súa praxis pictórica. O interese pola arquitectura é unha constante en toda a súa produción plástica.
    A mostra, que ocupa todo o primeiro andar da sede da Fundación Granell, conta cun total de 68 pezas de grande, mediano e pequeno formato,- óleos sobre táboa- , onde o espectador poderá establecer coas pezas outro dos mecanismos fundamentais no desenvolvemento da obra recente do autor: os xogos de escala.