8 novembro- 9 decembro
Servicio de Didáctica da Fundación Eugenio Granell
Dentro da programación do Servizo de Didáctica da Fundación Granell quéreselle dar acollida a proxectos didácticos adaptados ás artes plásticas, desenvolvidos noutros centros formativos.
A exposición Viaxar a pé, recolle o proxecto didáctico desenvolvido por Marián Paredes Villalonga, co alumnado de primaria do centro Ceip. Emilio de Navasqües da Serra de Outes. O proxecto desenvólvese co obxectivo de achegar ós nenos á arte de xeito sinxelo e efectivo por medio dun mecanismo xa clásico arte do século do século XX, e propio como non do surrealismo: a intervención plástica dun obxecto de uso cotiá para atribuirlles unha nova función estética. Neste caso o obxecto elexido é un zapato usado. Zapatos para todas as idades e de todos os xéneros que demostrar abraiante creatividade dos cativos e cativas. O proxecto que comezou a súa andaina fai tres anos conclúese coa mostra na fundación Granell, na que se propuxo a artistas plásticos que reinterpretaran as pezas dos rapaces e rapazas co seu traballo.
En palabras da creadora do proxecto didáctico Marian Paredes, “esta mostra forma parte dun proxecto desenvolvido polo alumnado de oito a doce anos do Ceip. Emilio de Navasqües, que persegue como obxectivo principal espertar nos nenos e nenas o gusto polo mundo da arte, intentando un achegamento a diferentes artistas e correntes da arte contemporánea, e da man dos que nos mergullamos no mundo da fantasía dunha maneira lúdica, usando como soporte de experimentación un obxecto atípico a tal fin, pero usual no noso entorno como é un zapato.
Zapateando fantaseamos, e mediante a intervención sobre este obxecto tan próximo, familiarizámonos con distintas técnicas plásticas, construímos, modelamos, discutimos, consensuamos, experimentamos coa cor, a forma e a imaxinación, rescatando ademais para todo iso o importante recurso que nos ofrece o material de refugallo que anega o noso entorno inmediato sen que sexamos conscientes do seu potencial artístico-lúdico