Home » Exposicións » Canto de paxaros

Canto de paxaros

19 de setembro – 19 de novembro
Expocición dos artistas holandeses Elizé Bleys e Rik Lina na que se establece un diálogo perfecto entre a obra pictórica de Rick Lina e a cerámica de Elizé Bleys e que forma parte do ciclo de Surrealismo internacional iniciado no ano 2005.

Rick Lina é un coñecido artista surrealista de orixe neerlandesa, aínda que ten a súa fonte de inspiración na arte de América Latina, máis concretamente na figura do surrealista cubano Wilfredo Lam. Lina é coñecido fundamentalmente por ser o fundador do grupo Novos Cobra de Ámsterdam, no que participan tanto pintores europeos como latinoamericanos, e do Colective Automathic Painting. A máis de terse vinculado ao movemento de surrealismo internacional Phases, liderado por Edouard Jaguer, e ó Bureau de Recherches Surréalistes de Holanda.
No caso de Elizé Bleys, ceramista dos Países Baixos que vive e traballa en Ámsterdam, e nas illas das Antillas holandesas, é coñecida por ter participado en mostras como a realizada na Fundación Knecht-Drenth, Calosa, no ano 2001, ou as realizadas en Amterdam estos últimos anos: LINX International, no ano 2002, Studio Bellamy, durante os anos – 2002 -05 –06, ou as realizadas nos anos , – 2003 –06 nas galerías de arte Kadekunst, e ARTTRA da mesma cidade. No ano 2004 realiza unha mostra no Museo Cochrane tamén de Amsterdam. Ultimamente, ten exposto en Valparaíso, Chile, o ano 2006, e ven de realizar recentemente unha mostra na Galería KOP van WaZ, Wijk aan Zee, nos Países Baixos. Na artista autodidacta holandesa, a práctica surrealista consiste en construír o obxecto surrealista utilizando como base as tipografías da cerámica, olas, bucaros.,…., creando obxectos cheos de cor, fino humor, e imaxinación desbordante.