Home » Exposicións » ¡A bailar!

¡A bailar!

Agosto 2006 – 8 Febreiro, 2007
Segunda  Planta (Sala I)

O fío temático da mostra desenvólvese arredor da idea do movemento do corpo humano como acto simbólico.

Todas as obras expostas pertencen ós fondos desta institución. Neste caso a  exposición amósanos parte do legado que, en 1997, Philip West cedeu para o seu deposito á Fundación Granell, unha extensa colección da súa obra, a máis da súa biblioteca persoal,  formada por multitude de publicacións (catálogos, libros, revistas  e folletos)  sobre  surrealismo. 

Nacido en York (Inglaterra) en 1949, Philip West foi un auténtico produto do surrealismo británico, aínda que non naceu ata despois da dispersión do grupo surrealista orixinal creado polos artistas E.L.T. Mesens e Roland Penrose.

West decide comezar a súa andaina artística a través de posicións próximas ó Surrealismo, que servía  daquela como un dos modos de expresión nos ámbitos minoritarios do Underground inglés.

Comeza a súa produción  principiando os anos setenta. No seus inicios forma parte do pequeno grupo creado polo escritor John Lyle arredor da revista Transformaction. Máis tarde colaborou coa revista danesa de orientación surrealista Brumes Blondes, a través da cal comeza a súa actividade co histórico grupo surrealista Phases; principalmente en Francia, Holanda, Portugal e Bélxica. Despois dunha breve estancia no noso país trasládase a Venezuela, recalando finalmente de novo en Aragón, onde traballou con diferentes grupos surrealistas, destacando a súa participación en Liaison con Eugenio Granell.