Se busca al negrito cimarrón
David Planas
Este ciclo está orientado a aqueles/as xoves creadores/as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, procedementos, técnicas… que podan supoñer unha re- interpretación do corpus estético surrealista, comezou no ano 2006, e esta mostra é a terceira entrega.
David Planas utiliza técnicas, procedementos, e ideas estéticas propias da poética surrealista como a busca do marabilloso no cotiá o obxecto atopado, o colaxe…. A máis dunha ética inconformista que entende a arte como un espazo de liberdade alleo as tendencias estéticas do momento. A exposición esta composta por unha escolla de pezas de grande formato caracterizadas por unha irmandade íntima entre a utilización do obxecto na acepción poética do surrealismo- non na acepción irónica Duchampiana- con unha concepción pictórica da composición. Unha amalgama de signos que arrastrados por un magma pictórico que todo o contén: retrincos de cerámica, xoguetes, anacos de vidro e metal, diferentes tipos de papel….. gardados a modo de grande colaxe, onde determinadas formas escapan á superficie bi- dimensional do soporte, e invaden o espazo perceptivo do espectador.