Fondos da Fundación Eugenio Granell
16 de febreiro, 07 -5 de maio, 08
Nova proposta de exposición con Granell como protagonista que, nesta ocasión, céntrase nunha reflexión sobre o modo de representación do espazo na súa obra, a partir dunha pequena selección de construcións e debuxos pertencentes aos Fondos da Fundación Eugenio Granell.
Para ilustrar esta particular visión do espazo en Granell, a comisaria da mostra, Monse Cea, seleccionou dous conxuntos de obras: un conxunto de construcións, e una pequena selección de debuxos das diferentes etapas da traxectoria creativa do artista, conde se pode ver, citando á comisaria: como se vai fraguando esa particular representación do espazo dende ó debuxo, columna vertebral de toda a súa produción plástica. As construcións son realizadas mediante a ensamblaxe de obxectos encontrados e anacos de madeira. A característica esencial das construcións e que están formadas por superficies lisas convertidas en planos pictóricos que negan premeditadamente a terceira dimensión, e onde a aplicación da pincelada ten unha importancia decisiva a nivel compositivo. Tanto nos ensamblaxes como nos debuxos, as figuras tenden a bidimensionalidade, non se desenvolven volumétricamente no espazo, todo pode ser reducido a unha liña, a un debuxo a nivel compositivo. O desenvolvemento do espazo en profundidade é premeditadamente negado, e as composicións con varios elementos atraen as figuras ó primeiro plano, figuras sempre hieráticas, paradas nun tempo sen alteracións, un tempo espiritual.
Para máis información ver folleto