Colección étnica
Fondos da Fundación Eugenio Granell
Selección de obras pertencentes á colección étnica dos Fondos da Fundación. Para esta exposición escollemos obras de tema relixioso cuxo valor, dentro desta colección é a súa beleza e o feito de que foron creadas por persoas anónimas que derramaron o seu talento nestas. Tamén hai que considerar a importancia que lles outorgou Granell. A mostra preséntanos imaxes talladas procedentes, non só de España senón tamén doutros países como: Filipinas, Puerto Rico, México ou Perú.
Consultar folleto