Home » Exposicións » INSITU

INSITU

Iván Prieto
Instalación

Iván Prieto preséntanos un dos seus característicos Interiores con figuras. Interior cálido e doméstico, onde o contexto que ampara ás figuras denota sempre unha privacidade violentada polos ollos do espectador. O artista mostra unha escena do mundo circense con tres mulleres con aspecto esperpéntico que, en palabras do propio autor, aparecen ensimesmadas, pensativas, nunha actitude onde prima o silencio e a introspección. Se noutras ocasións, ofrecíanos momentos de acción onde se activaban os nosos prexuízos arredor do sexo, estas figuras paradas, melancólicas activan outros como a condescendencia e a conmiseración.