Saltar ao contido
Home » Exposicións » Actos de Aniversario Eugenio Granell

Actos de Aniversario Eugenio Granell

    Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza, no mes de novembro, unha serie de actividades para conmemorar o Aniversario do natalicio do artista.

    . Do 22 ao 29 de novembro
    Xornada de Portas Abertas

    Na Semana de Portas Abertas o público terá ocasión de facer un achegamento á figura de Eugenio Granell disfrutando de xeito gratuíto das exposicións por medio de visitas guiadas.e tamén poderán participar nos xogos surrealistas.
    Xogo Surrealista Cadáver Exquisito
    . Plástico
    . Literario

    Trátase dun xogo colectivo no que se resaltan valores como o sentido do humor, a autoría colectiva dunha obra de arte, e o valor da creatividade como ferramenta do espírito humano non restrinxida ó ámbito da arte.
    Para participar nesta obra colectiva colocaranse, no espazo de Didáctica do Museo, dous rolos de papel branco para intervir mediante o xogo surrealista cadáver exquisito, na súa versión plástica e na súa versión literaria.
    O xogo consiste en que cada persoa continúe un debuxo ou creación literaria iniciado por outra. De tal xeito que ninguén poda ver o que lle antecede e o que lle segue.
    O debuxo continuo e o cadáver exquisito literario poderán verse a partir do día 29 de novembro no espazo do museo. Participación pola rede
    Tamén se pode participar neste homenaxe a Eugenio Granell a través da nosa páxina web . Nos foros de opinión pódense colgar obras de creación plástica e literaria, dende o 6 ata o 20 de novembro
    . Mércores 29 de novembro
    Acto de homenaxe
    Xornada na que, entre outras cousas, poderase ver a exposición dos resultados dos xogos surrealistas, tanto dos das salas como dos traballos realizados na rede.