Colección Surrealista
Fondos da Fundación Eugenio Granell
A Colección Eugenio Granell. En 1995 inaugúrase este museo que alberga a obra do propio Granell, a súa colección de arte surrealista e a de arte étnica. Esta colección é froito, entre outras razóns, das súas amizades con outros surrealistas. Nas salas da segunda planta poden verse, no Taller de Granell, obras que sempre tivo preto de si, na seguinte sala gozamos de obras dos seus bos amigos -moitas dedicadas a el-, unha sala con obra do propio Granell e, finalmente, obra da colección do seu amigo Philip West quen generosamente legou gran parte da súa obra á fundación do seu amigo. Esperamos que estas exposicións dean algunhas pistas sobre a personalidade de Granell, sobre quen eran os seus amigos e os seus intereses desenvolvidos a través dos anos.