Martes 24 maio
19.00h(Inglés)
Presentan o acto:
Mario Rodríguez, propietario da cerámica da Ulla
Ángel Carracedo, investigador e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
O obxectivo deste acto é presentar a peza de Cerámica da Ulla que se venderá a favor da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, de forma que a cidadanía en xeral á que van dirixidas as aplicacións destas investigacións poida colaborar de maneira solidaria coa Fundación.
Búscase achegar á xente ao mundo da investigación de forma que poida sentirse comprometida, dunha maneira moi básica e pouco costosa, como mecenas de investigacións imprescindibles na nosa sociedade. Esta peza Compromiso coa Ciencia é unha fonte normal que só se distingue por esas dúas C que leva no centro e que cando descubrimos no medio dun manxar, sabemos da implicación co ben común.