Home » Activities » VIAXE Á SELVA(Inglés)

VIAXE Á SELVA(Inglés)

Taller de verán Agosto 2008 Idade estimada: 4 – 10 anos (estableceranse dous grupos) Datas: 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de Agosto (martes e xoves) Horario: 11:30 – 13:00 h. Coordinación: Aula de Didáctica da Fundación Eugenio Granell Gratuíto(Inglés)

Na década dos anos 40 do pasado século, Eugenio Granell vese obrigado a exiliarse por causas políticas a diferentes países de Centroamérica.
O descubrimento da paisaxe do Caribe coa súa flora e a súa fauna, converten este novo contexto no gran protagonista das súas obras. A influencia que causa en Granell este descubrimento dun novo mundo, a selva tropical, vémolo claramente manifestado na exposición -O Paxaro Pí e a lingua dos paxaros- que pode visitarse ata o vindeiro mes de setembro na Fundación Granell.
Viaxe á Selva ten como principal obxectivo que os/as participantes no taller teñan un achegamento a esta etapa creativa de Eugenio Granell, para así levar a cabo numerosas actividades artísticas que desembocarán, ao remate do taller, nunha obra total.
A creación dun universo propio xurdido directamente da súa imaxinación, un ambiente diferente e único relacionado co hábitat centroamericano, ou a recreación dunha comunidade na que os principais protagonistas serán os/ as nenos/ as serán o obxectivo final destes talleres, seguindo as pautas dadas polos organizadores/as, que fomentarán o traballo en equipo entre o alumnado participante.(Inglés)