Home » Actividades » Museo Verbum, casa das Palabras(Castellano)

Museo Verbum, casa das Palabras(Castellano)

Presentación do DICIONARIO DE SURREALISMO E SURREALISTAS
Martes 29 de marzo, ás 19:30 horas.(Castellano)

A Fundación Eugenio Granell e Edicións a Nosa Terra, presentan a obra Dicionario de surrealismo e surrealistas de Xesús González Gómez o vindeiro martes 29 ás 19:30 horas, no museo Verbum, casa das palabras.
A presentación fai parte das actividades programadas arredor da mostra O obxecto poético e a edición, proxecto creado Ad-hoc pola Fundación Granell para o Verbum.
O surrealismo foi un movemento artístico, político e cultural que marcou ás vangardas do século XX. Os seus postulados cara a arte, a literatura e a cotidianidade aniñaron con fortaleza en propostas posteriores até concretar influencias que hoxe son recoñecidas por historiadores, sociólogos e filósofos. As súas principais figuras son igualmente senlleiras personalidades do século pasado. Mereceron e seguen a merecer de recoñecementos, restauracións biográficas, publicacións e mostras conmemorativas e recuperadoras. En palabras do editor: Todos estes procesos, desde os fundacionais aos de esplendor, desde a historiografía á recepción actual, están presentes nesta ampla obra preparada por Xesús González Gómez que afonda na súa obras tanto no surrealismo como nos homes e mulleres que formaron parte do seu desenvolvemento ao longo do século XX.
“Dicionario de surrealismo e surrealistas” é unha contribución decisiva sobre este movemento desde o punto de vista editorial. A importancia da súa publicación en Galiza ven dada pola presenza no noso tecido cultural da Fundación Eugenio Granell, institución dedicada á figura que máis nidiamente emparenta Galicia co surrealismo.
O libro nace co-editado por Edicións A Nosa Terra e a Fundación Eugenio Granell e baixo o patrocinio persoal de Natalia Fernández. O AUTOR Xesús González Gómez (A Rúa, 1950) é un acreditado especialista internacional no movemento surrealista. Ten publicado os libros: “Antoloxía da poesía surrealista francesa” (1981) “Manifestos das vangardas europeas” (1995) “Teatro e surrealismo” (1999) “Ecos da batalla cotiá. Dlecaraciones políticas surrealistas” (2004) “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” (2006). Tradutor e novelista desenvolve a crítica literaria en distintas publicacións galegas.(Castellano)